UN NOVO CURSO.

UN NOVO CURSO.
ESTAMOS EN 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Osos polares. Presentación de Sabela Cavielles.

Miguel de Cervantes.
  • Miguel de Cervantes Saavedra foi un soldado, novelista, poeta e dramaturgo español. É considerado a máxima figura da literatura española e é universalmente coñecido por escribir “Don Quixote da Mancha”.


  • Naceu en Alcalá de Henares entre o 29 de setembro e o 9 de outubro de 1547. Debido ao traballo do seu pai (barbeiro), a infancia de Cervantes foi unha peregrinación polas populosas cidades castelás. Aínda que seu pai non fora persoa de gran cultura e tivera unha mala situación económica , preocupábase pola educación dos seus fillos.




  • En 1571 participou na batalla de Lepanto onde as tropas españolas venceron aos turcos. No transcurso desta batalla recibiu o escritor tres feridas, unha das cales, inutilizou para sempre a súa man esquerda e lle valíu o apelativo de «o manco de Lepanto».




  • En 1575 partiu de novo hacia outra batalla. Ao pouco de zarpar de Nápoles na goleta Sol, esta estraviouse tras unha treboada que a separou do resto da flotilla e foi abordada á altura de Marsella polos turcos. En Arxel foi escravo e cautivo durante un lustro.




  • En 1605 apareceu en Madrid “El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha”. A súa fama chegou axiña.




  • Ademáis do Quixote escribiu obras de teatro, novela e poesía.




  • Morreu en Madrid o 23 de Abril de 1616.





                                                        Lucía Ponte.

CICLISMO.

Lince ibérico. Presentación de Sabela Cavielles.